APRENDENDO A BUSCAR NA INTERNET
Aprender facendo.
En 4º de Primaria, na hora de TIC, a rapazada está a buscar información sobre distintas especialidades médicas. Isto é unha excusa, porque do que se trata é de aprender a tratar a información facendo. E abofé que o están conseguindo.
A cada grupo asignóuselle un ordenador. E xa nas buscas apareceu o primeiro problema: se poñemos como palabras clave "oftalmólogos famosos" ou non obtemos ningún resultado que nos sirva ou aparece publicidade de centros médicos. Sen embargo, se escribimos "historia da oftalmoloxía" talvez tiremos algo de proveito.
Estes aprendizaxes fixéronnos descubrir tres máximas:
O segundo problema xurdiu cando, localizados os enlaces axeitados, comezamos a escribir. Aquilo facíase interminable, e moitas cousas non as entediamos. Por iso aprendemos tres cousas máis:
Agora temos a nosa propia ficha para recoller información dun xeito esquemático. Así resúltanos máis doado.
Como vedes, semella que avanzamos pouco, pero... aprendemos moito!
Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder á galería de fotos.
Comentarios