NABO, NABIZA E GRELO...

 

... trindade do bo galego. 

Chegou o inverno á horta, e podemos recoller novos produtos: apio, nabos, coles, repolos, cenorias, porros, acelgas, espinacas, grelos, leituga, fabas... Tamén os frutais están a nos proporcionar laranxas e limóns. 

Queredes axudarnos a preparar un novo receitario? Neste caso, tratarase do noso Receitario de inverno

Seguide estes pasos: 

  • Elixide un produto de outono e pasádenos a receita. 
  • Para iso, descargade este arquivo ppt para anotar os ingredientes e o xeito de facela. 
  • Podedes engadir unha foto cociñando a vosa receita. 

Cando teñades todo feito, enviádenos a vosa receita a: 

magatomasa@ceipcastelaovigo.com

Aquí vos deixamos un modelo para cumprimentar o voso documento. 


Mandís preparados!

Comentarios