INVESTIGAMOS SOBRE AS ABELLAS
Nas aulas de 5 anos.
Os cativos e cativas de Educación Infantil andan moi espilidos cos seus proxectos. Están entusiasmados investigando sobre os distintos bichiños que podemos atopar na horta.
Segundo nos conta a profe Rosa, os momentos de lecer no Patio Vivo deron lugar a que o alumnado de 5 anos comezase a interrogarse sobre moitos aspectos relacionados coa vida das abellas, xa que, coa súa función de polinizadoras, estas teñen unha papel moi importante na horta. Así se iniciou un proxecto marabilloso co que aprenderon un montón.
Como todo proxecto, existiu unha motivación e un proceso que nos conta á perfección a profe Paula no blog de Educación Infantil:
Comezamos o noso proxecto das abellas
Deste xeito, a cativada descubriu a importancia das abellas e do seu ciclo vital circular, o que nos levou a crear mesas polivalentes de investigación e diarios científicos.
Tamén, grazas á colaboración das familias, puideron coñecer de cerca como é un traxe de apicultor, como sabe o mel, ou como as abellas reutilizan troncos vellos para crear as súas propias colmenas.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder a otros momentos do proxecto.
Parabéns, rapazada!
Comentarios