ARROZ CON CHÍCHAROS...
... patacas novas...
Seguro que moitos de vós estades cantaruxando este titular. Porque, efectivamente, trátase dunha copla tradicional galega.
Como sabedes, este curso queremos potenciar a oralidade e a tradición oral. E que menos que recuperar todas esas fermosas coplas que se cantaban nas noites de inverno ó redor da lareira!
Galicia é terra de agricultores, e moitas das tarefas do campo acompañábanse de cantos. E moitos cantos falan de produtos ou traballos da horta. Por iso, o Equipo Dinamizando e Normalizando a Convivencia e o Equipo de Biblio-TAC queren convidarvos a participar nesta iniciativa.
Queres colaborar connosco na preservación do noso legado cultural?
Pois segue estes pasos.
- Prepara a gravadora do móbil.
- Vai onda os teus avós ou persoas maiores e pregúntalles por coplas que falen de traballos do campo ou de produtos da horta.
- Se poden cantalas, moitísimo mellor: na clase de Música traballaremos con elas.
- Grávaos.
- Envía a túa gravación á seguinte dirección de correo:
magatomasa@ceipcastelaovigo.com
Micrófonos preparados!
Imaxe: JUANTIAGUES. Una pandereteira. En Flickr. CC BY SA
Comentarios