COÑECENDO O TÍTULO DO NOSO PDI

En 5º e 6º de Primaria. 

Nestes niveis, o primeiro achegamento ó noso PDI foi a través deste vídeo sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable





Aí descubrimos ese símbolo descoñecido que atopamos no taboleiro da nosa aula, e comprendemos a importancia de preservar o noso planeta. 


Nunha segunda sesión partimos dun vídeo moito máis concreto, no que se falaba do ODS 12






A partir de aí iniciamos unha frutífera conversa na que fixemos propostas realistas que podemos desenvolver dende todos os ámbitos

1. O que podemos facer nós (na casa ou na escola):
  • Consumir produtos de tempada
  • Participar en campañas de limpeza de ríos e mares
  • Non tirar lixo nin nos ríos nin no mar
  • Evitar mercar produtos envasados en plástico
  • Consumir menos enerxía
2. O que poden facer as empresas:
  • Non ofrecer produtos fóra de tempada
  • Utilizar enerxías renovables
  • Empregar utensilios que non contaminen
3. O que poden facer as institucións: 
  • Pór máis contenedores
  • Pór máis papeleiras e limpalas
  • Establecer máis puntos limpos e poder acceder a eles con máis frecuencia
  • Promover o uso de enerxías renovables
Tras esta análise, chegamos á conclusión de que as palabras - clave nas que nos tiñamos que mover eran: 
REDUCIR - REUTILIZAR - RECICLAR

Adiviñar o título do noso PDI foi moi doado coa pista: cal é a letra que máis se repite nas palabras clave?

RqueR!

Comentarios