ESTREANDO A COMPOSTEIRA
Co alumnado de 5º de Primaria.
Aínda que non moi ben repartidos, na nosa escola temos a sorte de gozar dunha gran variedade de árbores que, agora mesmo, están nus. Durante o pasado trimestre o céspede foise cubrindo cunha alfombra de follas que había que limpar e reutilizar para a nosa composteira.
Por iso, armados de restrelos e carretillas, e baixo a atenta supervisión do profe Roi, a rapazada de 5º comezou a recoller material para facer a parte seca do compost.
Cando xa tiveron o material reunido, almacenárono na composteira e taparon esta con plásticos para evitar que a folla se molle.
Agora, no segundo trimestre, comezaremos a recoller os restos das nosas merendas. Xa temos todo preparado.
Comentarios