BIBLIOTECA CREATIVA INCLUSIVA

Todo é un. 

Os xogos de construción da Biblioteca creativa constitúen unha oportunidade única para traballar a inclusión. Iso xa o sabiamos. Pero gústanos comprobalo coas observacións que, cada día, nos regala o noso alumnado: 

  • a biblioteca convértese en lugar de calma que nos permite conversar cos cativos; 
  • a biblioteca, sen a intervención do adulto, "amansa ás feras": ese grupo que interactúa tan mal é quen de facer grandes construcións sen que xurda ningún conflito; 
  • os materiais da biblioteca facilitan a interacción social entre iguais.
Para acceder ó álbum de fotos podedes premer na seguinte imaxe: 


A creatividade inclúenos!

Comentarios