OBRADOIROS CREATIVOS...

... co alumnado de 4 anos. 

Nas últimas semanas temos realizado varios obradoiros simultáneos co alumnado de 4 anos

1. Construcións. 

Sacar as pezas do Kappla da súa caixa... é sinónimo de silencio, creatividade e colaboración entre iguais. Talvez salga de aquí algún enxeñeiro!

Premede na seguinte imaxe para acceder ó álbum de fotos. 


2. Pensando cos ozobots.

Contemplar como se move o ozobot pode resultar moi divertido. Pero pensar por que fai as cousas é moito máis interesante. 

Así, a cativada descubriu: 

  • que o ozobot segue o trazado dunha liña;
  • que, cando aparece un código, cambia de cor; 
  • que para que o robot vaia por onde nós queremos temos que darlle unhas "normas de circulación" (código).
Finalmente, crearon o seu propio circuito. 

Premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos. 


3. Xogamos a Dobble.

Un xogo de mesa para traballar o vocabulario relacionado cos animais, para desenvolver a atención e controlar a impulsividade. 

Premede na seguinte imaxe para acceder ó álbum de fotos. 



4. Xogamos a Roll & Play

Un divertido xogo co que podemos traballar conceptos básicos: cores, numeración, partes do corpo, emocións, a través de diversas propostas corporais e artísticas. 

Premede na imaxe para acceder ó álbum de fotos. 




Comentarios