E COA PRIMAVERA...


... chegou Ángeles Escribano. 

Puntual á súa cita, como cada curso, Ángeles Escribano achegouse o pasado luns á nosa biblioteca para unha nova contada. Os agraciados foron os cativos de 4 anos B e a rapazada de 5º de Primaria

Uns e outros gozaron coa fabulosa selección de contos que nos trouxo esta querida profe e amiga, agora xubilada de madrugar e dar clase pero aínda enganchada á creatividade e ó bo facer. 

Premendo na seguinte imaxe accederedes á galería de fotos da sesión da aula de 4 anos B.


E se premedes na seguinte asomarédevos á sesión co alumnado de 5º de Primaria. 


Tanto lles gustaron os contos de Ángeles que os rapaces e rapazas de 5º non dubidaron en agasallala coa súa característica ola: 


Por último, mostrámosvos a pegada que Ángeles deixou no noso libro de visitas. 


Moitas grazas, Ángeles! Encantados de recibirte. Sempre. 

Comentarios