REPLICANDO A PAOLA...

 ... en 1º B.

Hai unhas semanas, Paola Guimeráns estivera na nosa escola co alumnado de 1º A, aprendéndonos a facer circuitos en papel. Agora tócanos a nós replicar o seu obradoiro coa rapazada de 1º B. E descubrimos algún cativo moi aventaxado que fala de interruptores, ou algún outro que detecta que a luz non acende porque a cinta adhesiva está tapando o fío de cobre

Encantados están co obradoiro, e encantados estamos nós con estas respostas tan magníficas coas que nos sorprenden. 

Podedes acceder ó álbum de fotos premendo na seguinte imaxe. 



Comentarios