XOGANDO COA CALIGRAFÍA

E si contamos...?

A algúns rapaces resúltalles pouco atractivo escribir. Sen embargo, son uns linces cos números e coas matemáticas. 

Tratando de buscar unha solución pensamos encamiñalos hacia o lettering. Mais o obradoiro que estamos a desenvolver coa rapazada de 5º de Primaria parecíanos de moito nivel para os cativos de 2º. 

Por tal motivo, tras buscar información nalgún libro, decidimos propor unha actividade que mesturase escritura e matemáticas

Hai que ver o que cambian as letras cando redondeamos os vértices! Ou cando as conexións cambian de lugar!

Tamén hai grandes diferenzas cando cambiamos os espazos entre letras, ou cando aumentamos a altura das mesmas. 

Podedes consultar o material que temos creado neste enlace






Comentarios