MISIÓN CUMPRIDA!
Brazaletes rematados!
Despois de dúas sesións de traballo, o alumnado de 4º de Primaria conqueriu rematar os seus brazaletes luminosos, ó replicar o obradoiro aprendido da nosa querida Paola Guimeráns.
Un obradoiro que deu para moito: para aprender a coser, para facer circuitos eléctricos, para dialogar e para que xurdiran comentarios nos que afloran as preocupacións dos cativos.
Premede na seguinte imaxe para acceder ó álbum de fotos.
Que contentos marchaban cos seus brazaletes!
Comentarios