25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Cando é o estado quen maltrata.
Nas últimas semanas estamos asistindo a manifestacións que poñen de relevo a situación dramática á que están sometidas as mulleres iraníes. Non é o único lugar onde isto ocorre. Mais é un punto de partida para reflexionar sobre o importante papel que xogan os estados na erradicación da violencia machista.
Nos seguintes enlaces atoparedes propostas de traballo e reflexión para os diversos niveis:
- Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria: Mírame! A quen ves?
- Segundo Ciclo de Primaria: Mírame! Sabes quen son?
- Terceiro Ciclo de Primaria: Abre os ollos. Le e escoita o mundo.
Comentarios