POLO SAN MARTIÑO...
... xogos ó campiño!
O San Martiño é unha das festas máis tradicionais da nosa Galicia. E como toda festa, é tempo de convivencia.
Aproveitando o bo tempo que o San Martiño adoita traer co seu verán, Javi, o profe de Educación Física, organizou un circuito de xogos tradicionais no que participou todo o alumnado de Primaria.
Premede na seguinte imaxe para ver o ben que o pasamos.
Dobre obxectivo cumprido: non houbo problemas... e os cativos e cativas gozaron moitísimo!
Comentarios