MÍRAME!
A quen ves?
Esta imaxe é a portada dunha famosa novela gráfica titulada Persépolis.
1. OBSERVA
- Que ves?
- Como cres que se atopa?
- Quen cres que pode ser o personaxe?
- Que cores predominan na ilustración?
2. INFÓRMATE
- A autora desta novela chámase Marjane Satrapi, e naceu en Irán. Cando naceu, no seu país a xente vestía coma ti e os teus amigos e amigas.
- Pero cando Marjane tiña dez anos, ocorreu algo: estalou unha revolución e implantouse a "revolución islámica".
- A primeira viñeta da novela di: "Esta son eu cando tiña dez anos. Era 1980".
- A segunda viñeta da novela di: "Isto é unha foto de clase."
- Na actualidade, as mulleres iraníes están obrigadas a levar un velo chamado hiyab que cobre a cabeza e o peito.
- Se non o fan son detidas.
3. COMENTA
- Que opinas de todo isto?
4. QUÉDATE COA COPLA
- O 25 de novembro celebramos o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller.
- Moitos homes maltratan ás súas mulleres.
- Pero, ás veces, os estados tamén maltratan ás mulleres.
- Ante esta situación, digamos: Quítame este velo!
Comentarios