DENDE O RECUNCHO QUENTE

O Magosto inspira a escrita. 

O mes de novembro ven cheo de lembranzas, calor, palabras agarimosas, tradición oral...

As celebracións deste mes teñen inspirado á profe Rosa, que é poetisa, con estes fermosos versos que comparte connosco. 

Chegaba cansada
ansiosa por verte
metía os meus pés
no teu recuncho quente.

O amor chispeaba
de arrecendo embargaba
e a choiva de outono
atrás se quedaba.

En tempos da escola
de dona María
na casa agardaba
a miña nai Palmira.

As castañas ceibadas
na cociña de ferro
e eu embriagada
polo seu arrecendo.

Corenta anos ben longos
e volvo da escola
agora sen don
abonda con Rosa.

Cansada tamén
ansiosa por verte
estes versos escribo
dende o recuncho quente.

Cociña de leña
que a súa man acende
e faime sentir
todo o que me quere.

Quen máis se anima a escribir?

Comentarios