ABRE OS OLLOS

 

Le e escoita o mundo!

Este vídeo dos Informativos da Televisión Canaria contén un pequeno resumo dunha problemática de actualidade que se está a producir en Irán. 

1. OBSERVA E ESCOITA

  • Na locución deste vídeo aparece o nome de tres persoas. Apúntaos.
  • Que vínculo existe entre elas?

2. INFÓRMATE

  • En 1980, en Irán implantouse a "revolución islámica".
  • Dende entón, as mulleres iraníes teñen que saír á rúa coa hiyab, un pano que tapa a cabeza e o peito. 
  • O 16 de outubro de 2022, Mahsa Amini morreu a consecuencia dos golpes propinados pola "policía da moral", tras ser acusada de levar mal colocado o velo e vestir roupa demasiado apretada.
  • O asasinato de Mahsa desencadenou unha oleada de protestas contra o réxime político de Irán. 
3. OPINA
  • Os periódicos contan cunha sección chamada Editorial. No Editorial, o periódico ofrece a súa opinión sobre un problema de actualidade. Neste enlace poderás acceder ó editorial de El País sobre esta cuestión. 
  • E agora que coñecedes a situación da muller en Irán... que opinades vós...?
4. QUÉDATE COA COPLA
  • O 25 de novembro celebramos o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller. 
  • Moitos homes maltratan ás súas mulleres. 
  • Pero, ás veces, os estados tamén maltratan ás mulleres.
  • Ante esta situación, digamos: Quítame este velo!

Comentarios