MAGOSTO EN FAMILIA

 

Gran festa da convivencia. 

O pasado martes, a instancias da ANPA, toda a Comunidade Educativa estivo invitada a celebrar xuntos o Magosto. 

Foi unha gran festa da convivencia, na que compartimos actividades extraescolares, obradoiros, castañas, doces, conversas... Houbo tamén exposición dos traballos do Concurso de Samaín e reparto de premios. 

O alumnado de 6º de Primaria tivo un gran protagonismo, embarcados na preparación da súa excursión de Fin de curso. 

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder a outros momentos da xornada. 


Parabéns a toda a Comunidade educativa por este día de convivencia. Parabéns á nosa ANPA pola magnífica organización. Haberá que pensar en máis momentos así...!


Comentarios