8 de MARZO...


... tamén houbo unha muller que deu a Volta ó Mundo.

Jeanne Baret naceu en Francia en 1740. Grazas ós seus coñecementos sobre Botánica conqueriu enrolarse na primeira expedición francesa que deu a volta ó mundo, durante a que se elaborou o primeiro catálogo de especies mundial. Pero... non creades que enrolarse foi coser e cantar. Constituiu toda unha aventura! Coñécea con este sinxelo vídeo.



En Río de Janeiro, Jeanne Baret descubriu a buganvilla, unha planta que coñecemos ben porque, na actualidade, decora todos os xardíns do mundo. Bautizouna con ese nome en honra ó comandante que dirixía a expedición.


Comentarios