A PALABRA DO DÍA
Do Portal das Palabras.
O Portal das Palabras é unha magnífica iniciativa da Real Academia Galega e da Fundación Barrié que, a través de recursos lúdicos e atractivos, nos permite afondar na nosa lingua propia.
Na súa conta de Twitter, o Portal das Palabras convídanos, cada día, a aprender unha nova palabra, que, segundo os casos, resulta descoñecida, musical, entrañable, tenra... Que tal si nos suscribimos?
No lateral do noso blog imos incluir ambos os dous recursos. Ogallá que lles tiremos moito proveito!
Imaxe: Captura de pantalla da web: https://portaldaspalabras.gal/
Comentarios