PRIMUS CIRCUMDEDISTI ME...
... o Entroido!
E chegou o tan anhelado Entroido. Como era de esperar, os nosos disfraces tiñan moito que ver co noso PDI Primus circumdedisti me: os descubridores que, como Magallanes e Elcano, levaron a cabo a fazaña da Primeira Volta ó Mundo, quen a fixo posible (os carpinteiros de ribeira e a mariñeiría), os instrumentos de navegación, ou as culturas próximas a esa viaxe de descubrimento.
Como a nosa escola cada vez é máis grande, fixemos dúas festas: a primeira foi a do alumnado de Educación Infantil. Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder á coleción de fotos.
Despois do recreo comezou a festa do Entroido de Primaria, que contou coa magnífica presentación de dous alumnos de 5º. Se premedes neste enlace accederedes ó texto.
Ademais do colorido do desfile, gozamos coa danza do alumnado de 1º e 2º. Mirade que ben bailan neste vídeo.
E os de 3º de Primaria demostraron que teñen unha gran memoria e dotes teatrais: fixádevos no recitado da Canción del pirata.
E aquí deixámosvos coas fotos do Entroido de Primaria. Premede na imaxe para acceder ó álbum.
Logo dos respectivos desfiles gozamos coas nosas familias dos doces típicos desas datas. Pero... diso non hai fotos! A Maga Tomasa que é un pouco lambona, estaba ocupada!
Comentarios