PLENAZO NA AULA DE 5 ANOS B
Para explicarnos temas relacionados co PDI.
O 4 de decembro achegáronse á aula de 5 anos B as familias de Cloe e Roi. A clase estivo a tope: os catro papás, os cativos e os bebés cos seus carriños! (Que pequenos e feitiños son!).
Chegaron cargados de información sobre a Volta ó Mundo, e cunha gran nave de madeira que deixaron na aula para poder xogar con ela.
Para rematar, cada un decorou a súa propia nao.
Grazas, familias, por compartir tanto connosco e aprendernos tantas cousas!
Comentarios