UN CADERNO DE BITÁCORA!


Coa familia de Noel. 

O 17 de xaneiro achegáronse á aula de 5 anos B o papá e a mamá de Noel, xa que era a súa quenda para explicarnos cousas sobre o PDI.

Nesta ocasión prepararon para nós un Caderno de bitácora incrible: estaba cheo de información e fotos que, coa axuda de Noel e dos seus pais, fomos completando entre todos. Aprendimos un montón de cousas interesantes con el. E agora témolo na clase para poder consultalo cando queiramos!







Grazas, familia! Que de cousas aprendemos convosco!

Comentarios