CONSTRUIMOS A MAQUETA DO TEIDE


Na aula de 5 anos B. 

Tras partir de Sanlúcar de Barrameda, a expedición de Magallanes e Elcano fixo unha parada nas Illas Canarias. Alí, a rapazada de 5 anos B descubriu que existe un volcán chamado Teide, que é o punto máis alto de España. 

Así que decidiron facer un traballo en equipo: construír unha maqueta do dito volcán. 

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver como os cativos foron traballando nesta tarefa tan fermosa. 


Dá gusto vervos traballar xuntos! Parabéns!


Comentarios