COCIÑAMOS SALMOREJO
Nas aulas de 5 anos.
Os Golfiños e os Vagalumes iniciaron unha Andaina polo mundo na que foron parando en distintos puntos visitados por Magallanes e Elcano. En cada un deses puntos propuxéronse coñecer a cultura. E como non: a gastronomía.
Xa que o punto de partida foi Sanlúcar de Barrameda, en Andalucía, decidiron cociñar un dos pratos máis típicos e saudables: o salmorejo.
Se premedes na seguinte imaxe veredes o ben que o pasaron e o moito que aprenderon.
Uhm...! Seguro que estaba delicioso!
Comentarios