A MÁXICA ANDAINA...

... da clase dos Leóns.

Este curso chegaron á aula dos Leóns uns obxectos inesperados: un sombreiro, un ha bolsa, unha variña máxica e unhas lentes... da man dunha amiga especial: unha curuxa!

A medida que pasaban os días soubemos que eses obxectos nos acompañarían todo o curso. A maxia inundaría a nosa aula coas aventuras e peripecias dun amigo inesperado: Harry Potter. 

Coa axuda do sombreiro seleccionador cada cativo ou cativa pasou a formar parte dun dos equipo de cores que se correspondían coas casas de Hogwarts (a gran escola de maxia e bruxería). No equipo cada neno asumiu unha función para desenvolver as distintas tarefas diarias. 

Xa ubicados comezamos a realizar mil e unha peripecias de aprendiz de mago: 

  • cada mañá traspasabamos a porta máxica do andén 9 3/4 para poder acceder á nosa aula máxica;
  • traballamos a maxia das palabras e da lóxica matemática;




  • puxemos en funcionamento mil apócemas;

  • por último, repetimos conxuros sen parar ata que unha pluma fixemos voar. 


Durante o segundo trimestre seguimos a traballar, centrándonos nos animais máis vencellados ás apócemas. Investigamos as características destes animais, descubrimos a que familias pertencían, cales eran as súas propiedades máxicas, coñecimos as súas curiosidades... 















E, a través de todo isto, potenciamos as nosas habilidades. 





Paralelamente, adentrámonos nas estruturas de traballo cooperativo: a través do folio xiratorio creamos o personaxe principal do noso proxecto. 







E, xogando, creamos o castelo de Hogwarts. 


Fantástico traballo, rapaces! Parabéns!

Comentarios