CONVERTÍMONOS EN PERSONAXES DUN CONTO


 Coa axuda de Benxamín. 

A rapazada de 1º de Primaria rematou as súas tarefas bibliotecarias cunha divertida actividade: unha sesión organizada pola editorial Anaya que contou con Benxamín como animador. 

Por mor da pandemia os grupos non puideron mesturarse. Así que os de 1º B permaneceron na súa aula, mentres que os de 1º A acudiron á Biblioteca. 

Na sesión foise creando un conto (coas súas ilustracións) no que os protagonistas eran rapaces e rapazas da propia aula. Algo que soa moi divertido e que a cativada gozou moitísimo. Xulgade, se non, polas imaxes. (Premede na seguinte imaxe para acceder ó álbum de fotos).



Comentarios