DESPEDIDA DO ALUMNADO BIBLIOTECARIO


Grazas, rapazada!

Esta derradeira semana de curso tiñamos cousas urxentes e necesarias que facer, como agradecer ó noso alumnado bibliotecario de 5º e 6º de Primaria a colaboración prestada este ano tan difícil. 

Certo que o seu traballo foi moi distinto ó de outros anos, pero, non por iso menos relevante. Moito tempo persoal preparando os contacontos cos que animaron á lectura virtual compartida dos venres. 

Iso merecía unha homenaxe e un agasallo. E iso foi o que fixo a profe Laura con eles: agradecer de palabra e de obra. 

Que contentos ían co seu libro, coa súa libreta e co seu marcapáxinas! Premede na seguinte imaxe para acceder ó álbum de fotos. 


Grazas polo voso entusiasmo, rapazada! O curso que ven, máis e mellor!


Comentarios