COÑECEMENOS A IMPRESORA 3D
En 3º curso de Primaria.
Os últimos días do curso foron moi intensos no colexio. O tempo foi o que foi, as limitacións tamén, e moitos proxectos quedaron no tinteiro, á espera dun novo curso no que poder implementalos.
Aproveitando estes momentos finais, o alumnado de 3º de Primaria e a súa mestra achegáronse á Biblioteca creativa para coñecer a impresora 3D e comprender o seu funcionamento. Xa están a pensar en posibles obxectos que deseñar e imprimir o vindeiro curso.
O vindeiro curso, máis e mellor!
Comentarios