METEMOS Ó GATIPEDRO NA GAIOLA


 Na aula de 5 anos B. 

Os rapaces e rapazas de 5 anos estiveron a traballar, este curso, sobre a Maxia dos bosques. Iso levounos a investigar sobre distintos personaxes da mitoloxía galega, e, en concreto, sobre a figura do gatipedro. 

Todo partiu da lectura dun libro que atopamos na Biblioteca. Logo, sucedéronse diversas actividades cooperativas que empregaron a estrutura do folio xiratorio. 

Por último, aplicamos todo o que aprendemos este curso en robótica para meter ó gatipedro na gaiola, esta vez empregando a estrutura dos lápis ó centro. 

En pequeno grupo, os cativos foron consensuando os movementos que debía seguir o beebot ata chegar á gaiola, e fóronos escribindo na súa planilla, empregando gomets de cores. 



Cando a planilla estivo cuberta chegou o momento da comprobación final. 


Reto conseguido!

Comentarios