A MAXIA DOS BOSQUES

A historia dun proxecto. 

O noso alumnado de 5 anos estivo a traballar este curso o seu proxecto A maxia dos bosques. Un proxecto que ilusionou ós cativos, implicou ás súas familias e, sobre todo, permitiulles aprender moitísimo. Botamos unha ollada ó que fixeron...?

1. Investigamos nos libros.

As profes fixeron unha selección de lecturas que entusiasmaron á rapazada.



2. Ambientamos as aulas.

A nosa investigación comezou cos trasnos, que empezaron a cometer falcatruadas nas casas e na escola. Coa axuda das familias as nosas aulas quedaron preciosas. 



3. Documentámonos sobre o terreo. 

As familias enviaron fotos de saídas vencelladas cos bosques e os seus personaxes máxicos. 




4. Como nos gusta aprender!

Os pasos anteriores foron incentivando a curiosidade dos cativos, que estaban ansiosos e famentos por aprender sobre o ciclo da vida das abellas, sobre os fósiles, sobre os herbarios...





5. E máis se aprendemos a cooperar!

E aproveitamos estas aprendizaxes para o máis importante: aprender a convivir. A aproximación ós personaxes mitolóxicos dos bosques galegos levounos a introducirnos no traballo cooperativo, coa estrutura do folio xiratorio. 




E a meter ó gatipedro na gaiola, empregando para iso os robots e a estrutura de lápis ó centro. 




6. A lectura acompañounos sempre nesta andaina. 

Estivemos a traballar gran parte do curso cun libro preciosísimo: A nena que abrazaba as árbores. Aprendemos a respectar a natureza, e outras moitas cousas. 




E, para rematar a nosa lectura, tivemos un encontro fantástico con Henrique Alvarellos, o autor do libro. 


Comentarios