A PENÚLTIMA APORTACIÓN DAS FAMILIAS POR ESTE CURSO
En 4 anos B.
Case a puto de rematar as aportacións ó proxecto deste curso, estivemos coa participación de Pablo e a súa familia. Neste caso, faláronnos dos ríos, cunha intervención moi coidada que tivo varios momentos:
- breve explicación sobre os peixes: onde viven, como comen, como respiran...;
- debuxamos os peixes e os ríos;
- visualizamos un pequeno documental con todo o que temos aprendido;
- os papás de Pablo crean un acuario xigante con catro peixes que deberemos coidar;
- para rematar, e como recordo deste día, Pablo repartiu peiximos de goma a todos os compañeiros e compañeiras da clase.
Grazas, familia! Agora quédanos unha reponsabilidade moi importante!
Comentarios