APRENDENDO A FALAR A LINGUA DE SIGNOS
En 3 anos B.
O 13 de xuño Leonardo foi o protagonista na aula de 3 anos B. Este rapaz é bilingüe: domina á perfección a lingua de signos, que fala coa súa familia.
E así, co seu pai e a súa nai, chegou á escola para celebrar o seu día: axudándose dunha presentación, fixo de intérprete, e aprendeu ós seus compañeiros algunhas palabras.
Todos quedaron fascinados, e con ganas de aprender máis. A ver se o vindeiro curso o conseguimos!
Grazas, famili! Canto aprendemos convosco!
Comentarios