UNHA XACIA FAMILIAR


Con Iven e a súa familia. 

Na aula de 4 anos B continúan a traballar sobre os seres mitolóxicos dos bosques galegos. O 10 de xuño achegáronse á aula Iven, o seu irmán Luken e a súa nai. Entre todos, contáronnos a historia da Xacia Luviñas. Aproveitaron para lembrarnos a importancia de coidar os ríos, os mares, e, por suposto, a terra. Remataron repartíndonos a cada un unha preciosísima pulseira de xacia.












Que actuación tan magnífica, familia! Grazas por preparala para nós con tanto agarimo!

Comentarios