APRENDENDO CON CLAUDIA...
... e Pedro Chosco.
Na aula de 4 anos B estivemos a afondar nos seres mitolóxicos dos bosques galegos ata o remate do curso.
Así, achegouse á aula a nai de Claudia, que, despois de falarnos deste personaxe, nos presentou un xogo divertidísimo do tres en raia. E aí estivemos todos a xogar por grupos.
Que ben o pasamos! Grazas, familia!
Comentarios