EXPERIMENTANDO COA COR


Na aula de 4 anos A. 

O título do noso PDI (Pinga a pinga, pensa en verde) inspirou ós papás de Adrián V. para vir á aula de 4 anos A a facer experimentos coa cor.

Ambos os dous son científicos no CSIC. Así que, entre experimentos, estiveron "na súa salsa". Primeiro, fixeron unha presentación para explicar que a Natureza está chea de cores.

Logo, o papá "quitoulle a cor" a unha flor de petunia. Tras batila e mesturala con diferentes bases comprobamos que a flor cambiaba de cor.

Por último, comprobamos que tamén podiamos facer desaparecer a cor dos lacasitos que tiñamos nos platos da clase.










Cuns experimentos tan divertidos... todos queremos ser científicos de maiores!

Comentarios