BAILANDO CO PEDRO CHOSCO
Na aula de 4 anos B.
O mércores día 29 de maio achegouse á aula de 4 anos B Patricia, a nai de Pedro. Veunos falar dun personaxe da mitoloxía galega: Pedro Chosco. Despois de facelo aprendeunos unha canción fantástica que rematamos bailando todos xuntos en corro.
Seguro que este personaxe non se nos esquece máis. Grazas, Patricia!
Comentarios