ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Con mulleres que pensan en verde.
Este curso quixemos celebrar o Día da Muller Traballadora ó grande: con exemplos de mulleres ás que imitar. Mulleres que se preocupan da natureza e que ocupan lugares habitualmente reservados ós homes.
Por mor das súas complicadas axendas, a conmemoración prolongámola durante un mes:
- Experimentos con auga. Charla con dúas científicas do CSIC. (5º e 6º de Primaria)
- Unha muller, presidenta da Comunidade de Montes de Saiáns. (1º e 2º de Primaria)
- A invisibilidade da muller no sector pesqueiro. (3º e 4º de Primaria)
Como vedes, mulleres senlleiras... que pensan en verde!
Comentarios