A NOSA BIBLIOTECA NO BLOG DA ASESORÍA

Para gozala e promocionala!

Hai xa case mes e medio tivemos na Biblioteca unha visita moi especial. Un equipo de gravación achegouse á nosa escola para inmortalizar o que estamos a facer. 

A verdade é que resultou un día intenso, xa que á visita... xuntáronse outros acontecementos! Pero todo o esforzo pagou a pena! 

Xulgade por vós mesmos. Non estades moi fachendosos, con esta biblioteca, este profesorado entregado e este alumnado que está a aprender en equipo? 


Neste enlace podedes ver a nova publicada na páxina web da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. 

Moitas grazas a todas e a todos polo voso traballo e a vosa participación, que, aínda que ás veces é invisible, sempre resulta, como a nosa Maga Tomasa, máxica!

Comentarios