OBRADOIRO DE RECITADO
Traballando en equipo para mellorar o produto.
En 5º A de Primaria comezaron, este trimestre, unha interesante experiencia: un obradoiro de contacontos virtual.
Todo comezou elixindo entre o fondo da Biblioteca algún documento axeitado para contar ós cativos. A elección resultou marabillosa. Como non! Antonio Rubio!
Logo de pensar como presentar a historia ós cativos de xeito que resultase moi visual crearon a escenografía, e, tras memorizar o texto, ensaiaron a posta en escena na Biblioteca creativa.
E alí, diante da cámara dos compañeiros, todavía introduciron melloras: vocalizar máis, crear unha historia paralela, xestualizar...
Un traballo en equipo que deu bos froitos, e que foi gravado por outros tres compañeiros da aula.
Non semella fantástico?
Comentarios