APROVEITAMOS O TRABALLO COOPERATIVO...



... para explicar ó resto da clase a actividade da Biblioteca. 

Este curso, por mor da pandemia, debemos realizar as tarefas en varias quendas. Un grupo de 4º de Primaria pasou pola Biblioteca para adiviñar o título do noso PDI deste curso. E para que a actividade non se demorase demasiado, os rapaces do equipo aceptaron o reto de explicar ó resto da clase os pasos para facela. A premisa era: guiar, non dar a resposta. 

Din as profes Alma e Rocío que o fixeron fenomenal. Debe ser que iso do traballo cooperativo vai tomando pouso neles. E iso... énchenos de satisfacción!



Parabéns, rapazada!




Comentarios