AS MESTRAS TAMÉN APRENDEMOS NA BIBLIO
E entusiasmámonos co reto da radio escolar.
Con todos os problemas e novidades deste curso... a Maga Tomasa esqueceuse de contarvos unha cousa moi importante: a nosa Biblioteca foi seleccionada para participar no programa Radio na Biblio.
Por iso, onte pola tarde achegouse á nosa escola Javi Prado que, ademais de ser mestre coma nós, é un mago da radio escolar. Se estabamos xa moi interesadas... quedamos entusiasmadas!
Primeiro, estivemos a falar do aproveitamento didáctico da radio nas aulas, como podedes ver na foto que ilustra este post.
E logo... puxémonos mans á obra: micrófonos e auriculares en ristre, Javi, Laura, Sandra, Rocío e Sara animáronse a gravar o seu primeiro programa de radio. Poderiamos dárvolo a coñecer... pero non queremos desfacer a maxia, para que o noso alumnado sexa o primeiro en gozar dela.
As ganas e as ideas bulen nas nosas cabezas. Esperemos que o sentidiño e o coronavirus nos permitan, á volta do Nadal, pór en marcha todos os proxectos que xa están agromando!
Comentarios