PRECÍSASE LOGO PARA A RADIO...
Benqueridas familias:
Dende este curso, a nosa Biblioteca pasou a formar parte do programa Radio na Biblio, da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Iso quere dicir que a nosa nova biblioteca conta cun estudio de gravación no que o alumnado vai empezar a traballar nun futuro moi próximo.
Pero calquera radio que se precie precisa unha identidade: un nome e un logotipo.
1. Que é un logotipo?
É unha imaxe corporativa que identifica a un produto ou a unha entidade. Por exemplo, este é o logotipo do programa Radio na Biblio no que, como vimos de contarvos, acabamos de entrar.
2. Cal é o nome da nosa radio?
O profesorado que constitúe o Equipo de Biblioteca pensou maioritariamente que o nome que debe identificar á nosa radio é Radio Castelao.
A nosa proposta é que, pensando neste nome, deseñedes un logotipo orixinal que identifique á nosa radio e a diferencie das outras. Para iso, podedes recoller as ideas que xurdan na vosa familia esta longa fin de semana, que seguramente será moito máis longa debido ó frío e ó mal tempo.
4. De que prazo dispoño?
Como data tope poderedes entregar as vosas propostas ata o domingo 13 de decembro.
4. Como envío as miñas propostas?
A través de correo electrónico, á dirección:
magatomasa@ceipcastelaovigo.com
Grazas pola vosa colaboración. Sabedes que, para nós, é moi importante a vosa complicidade. Estamos seguros de que recibiremos unhas propostas magníficas.
Un saúdo, e... a pensar e a debuxar!
Comentarios