ASÍ CELEBRAMOS...
... o Día das Bibliotecas Escolares.
O Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) marca sempre o inicio das nosas actividades. Este curso, por mor da pandemia, houbo que facer as cousas dun xeito distinto: con imaxinación, virtualidade e paciencia. Imaxinación para dar solución a problemas novos; virtualidade para sacar adiante proxectos que, de xeito presencial, non poderiamos levar a cabo. Paciencia para estirar as actividades, de forma que non alterasen a organización en grupos burbulla.
Así pois, propuxemos, con formatos distintos, tres actividades tradicionais:
- o comezo do empréstito;
- a posta en funcionamento das Mochilas Viaxeiras;
- o inicio do PDI
E, como non: comezamos esta nova andaina lendo o cartel que este curso nos propón a Asesoría de Bibliotecas Escolares: texto e imaxes.
Un texto que nos falaba de viaxes e lecturas que nos trasladan a outros mundos, reais ou imaxinarios, presentes, pasados ou futuros. Unha imaxe que nos lembra os mapas como representacións do mundo coñecido ou descoñecido.
Unha nova oportunidade para deixar voar a imaxinación e aprender.
Comentarios