EN 4º DE PRIMARIA...
... descubrimos o título do noso PDI.
Pero, para iso, empregamos os ordenadores, o dicionario virtual da Real Academia Galega, e este post do blog da nosa biblioteca. Xa vedes: aprendemos, traballamos en equipo, divertímonos... e desenvolvemos a competencia dixital.
Premendo na seguinte imaxe poderedes ver outros momentos da actividade.
E como na clase de 4º están a facer traballo cooperativo, as profes Alma e Rocío decidiron que a rapazada que xa sabía como facer a actividade a explicase ós demais. Iso si: sen dicirlles os resultados.
Así que trasladaron todos os bártulos á aula de 4º, e, cooperando xuntos, descubriron o título do PDI.
Comentarios