DESCUBRIMOS O TÍTULO DO PDI!


En 1º e 2º de Primaria. 

Xogando, pensando, buscando información, lendo, escribindo e empregando as novas tecnoloxías, os máis cativos de Primaria descubriron o título do noso PDI deste curso. 

Todo comezou chegando á Biblioteca. En primeiro lugar, por suposto, desinfectamos as mans. 


Enriba da mesa, tan só un código QR e unha tableta. E para que será todo iso...?

Despois de pensalo, alguén dixo: "cando imos comer ó restaurante, o meu papá lé o código co móbil para ver a carta". 

Fantástico! Iamos polo bo camiño. Pero... non temos móbil! "Pois entón empregamos a tableta". 

E así comezou a nosa aventura. 


O código contactounos directamente coa mesmísima Maga Tomasa, que nos puxo ó tanto da misión: recuperar as letras do título do PDI e descubrilo

Pois con catro imaxes e mais cinco libros de viaxes comezamos a investigar...


... e descubrimos que as letras espalláranse por Londres, París, Venecia e Santiago. 

Mais a cousa non rematou aí! Logo tivemos que pensar e colocar cada letra no seu lugar, segundo os textos que nos preparou a Maga. 


E así, ós poucos, fomos encaixando o título do proxecto. 
















Xa quedaba ben pouco para completar, e a Maga Tomasa proporcionounos a pista definitiva: 


Sabedes cal é o noso título? Deixámovos investigar, pero... é cousa de encantamento!

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ter acceso ós materiais e ás instrucións. 


E pulsando nestoutra accederedes á galería de imaxes




Comentarios