AS FAMILIAS CONTAN
Na aula de Infantil tivemos a sorte de contar coa participación das familias nas nosas Horas de Ler. Nais, pais e outros familiares visitaron a aula para compartir contos, historias e momentos cheos de ilusión e imaxinación.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que permitiu gozar da lectura en compañía, fortalecer os vínculos entre a escola e a familia e fomentar o gusto polos libros desde as primeiras idades.
Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración e por facer das Horas de Ler un momento tan especial.
Agardamos repetir esta experiencia moi pronto!

Comentarios