RADIO VOZ
O alumnado de 4º de Primaria participou no mes de febreiro nun fantástico obradoiro de radio da man de Damián, de Radio Voz. Ao longo da sesión descubriron como funciona unha emisora por dentro e convertéronse en auténticos locutores e locutoras por un día.
Durante a actividade aprenderon como se crea unha escaleta, a importancia da expresión oral e da entoación, como ler diante dun micrófono, improvisar, introducir música e empregar efectos sonoros para facer un programa máis dinámico e atractivo. Ademais, tiveron a oportunidade de experimentar cos micrófonos e coñecer moitos dos segredos do mundo da radio.
Entre todos e todas prepararon e gravaron un programa moi interesante, no que falaron de diferentes temas escollidos polo propio alumnado, combinando información, opinións, entrevistas e momentos moi divertidos. O resultado foi un espazo fresco, creativo e cheo de ilusión no que demostraron un gran traballo en equipo e moitas ganas de comunicar.
Desde a biblioteca do centro queremos agradecer a Damián e a Radio Voz esta experiencia tan enriquecedora, que permitiu ao alumnado achegarse ao mundo da comunicación dunha maneira práctica, motivadora e moi divertida.
Comentarios