A AULA SENSORIAL: A MAXIA DOS SENTIDOS

Ao longo deste curso, a nosa aula sensorial converteuse nun espazo de experimentación, descubrimento e aprendizaxe a través dos sentidos. Baixo a coordinación da especialista en Audición e Linguaxe, encargada de deseñar e organizar as diferentes propostas, o alumnado participou nun amplo abano de actividades destinadas a estimular e desenvolver as capacidades sensoriais de forma lúdica e significativa.

Cada unha das propostas estivo orientada a traballar os diferentes sentidos. A través de materiais manipulativos, xogos sensoriais, caixas de exploración, percorridos táctiles, actividades de identificación de sons, experimentos con aromas e degustacións guiadas, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de explorar os sentidos dun xeito activo e participativo.

Estas experiencias non só favoreceron a estimulación sensorial, senón tamén o desenvolvemento da atención, a comunicación, a linguaxe, a motricidade e a autonomía persoal. Ademais, permitiron adaptar as aprendizaxes ás necesidades e características de cada alumno e alumna, promovendo a inclusión e a participación de todo o grupo.

O aula sensorial converteuse así nun recurso educativo de gran valor, onde a curiosidade, a exploración e a aprendizaxe a través da experiencia foron as protagonistas. Queremos agradecer o traballo e a dedicación da especialista en Audición e Linguaxe, que ao longo do curso preparou con ilusión cada unha das actividades, facendo posible que o alumnado descubrira o mundo a través dos seus sentidos.

Seguiremos apostando por este tipo de propostas que enriquecen o proceso educativo e contribúen ao desenvolvemento integral do noso alumnado.

Ditas propostas quedan recollidas á disposición do profesorado para a súa posta en práctica.





Comentarios