CLUBE DE LECTURA: AS BRUXAS DE ROALD DAHL
Na última sesión da biblioteca reunímonos para compartir impresións e opinións sobre a lectura de As Bruxas, de Roald Dahl. Foi un encontro moi interesante no que comentamos os personaxes, os momentos máis sorprendentes da historia e aquelas partes que máis nos gustaron ou nos chamaron a atención.
Ao longo da conversa reflexionamos sobre o papel das bruxas no libro e descubrimos as características que as fan tan peculiares nesta divertida e emocionante historia.
Como actividade complementaria, elaboramos uns orixinais marcapáxinas inspirados na obra. Decorámolos con diferentes tipos de bruxas e engadimos mensaxes relacionados coa lectura.
Pasamos unha xornada moi agradable compartindo lecturas, intercambiando opinións e creando pequenas obras de arte para acompañar os nosos próximos libros. Sen dúbida, unha experiencia que nos anima a seguir gozando da lectura e das actividades da nosa biblioteca.
.jpeg)
Comentarios